17/06/2014
Comando Katana
📍 21:00 Sala Capitol
🎟️ Entrada + CD: 10€
Comando Katana é un proxecto musical nado no 2003 en Santiago de Compostela que foi madurando e evolucionando, absorbendo e tomando influencias outros estilos coma o reggae, o soul e o dancehall, e combinándoos co rap para dar vida a un son diferente, con identidade de seu e bastante difícil de etiquetar. Estos rapaces son algo máis que unha sinxela agrupación musical: unha familia formada por djs, selectores, produtores, mc’s e amigos que logran crear un espectáculo fresco e directo. Cunha intensa axenda de concertos, dentro e fóra da xeografía galega, compartindo escenario con artistas destacados do panorama nacional levan publicadas dúas referencias de larga duración e un EP.
Comando Katana presenta o seu último traballo "Menos de lo mismo" na Sala Capitol (Santiago de Compostela), o primeiro disco grande é un traballo que amosa unha vez máis o seu alto nivel creativo. A banda estará acompañada por Dj Mil que será o encargado de completar o show con unha demo de turntablism no que será unha noite cargada de boa música e sorpresas: a entrada para este show inclue unha copia do seu traballo en Cd “Menos de lo mismo". Poden mercarse no despacho de billetes do Teatro Principal e en Cultura Urbano a un prezo de 10 euros (incluído o CD).