Portal de tu Ciudad Alta

27/09/2014

António Zambujo presenta 'Quinto'

📍 21:00 Auditorio de Galicia

🎟️ 12 euros (anticipada) / 15 euros (taquilla)

Aos seus 37 anos, António Zambujo converteuse na voz portuguesa masculina máis internacional do momento. Nas súas cancións Zambujo fusiona elementos do jazz, a bossanova, a morna, o chorinho e o cante alentexano co fado creando un estilo único. Dono de ‘unha voz naturalmente musical’, como dixo o seu agora valedor Caetano Veloso, ninguén queda indiferente ao escoitalo coa súa delicadeza ao cantar, pronunciando con coidado e sentimento cada palabra co seu pausado acento alentexano.