15/10/2014
Petit Comité
📍 21:00 Teatro Principal
🎟️ 15 euros / BONO DANZA 2014
“Dende os meus cuarteis de inverno escribín estas seis notas para que as leas na miña ausencia. Son pequenos poemas elaborados só con luz e carne. Para ti seis buscas, seis desexos, seis emocións, seis encontros, seis estados, seis vivencias... seis evanescencias que espero recordes. Algún día afastarannos, chegará ese momento. Só pido que me deixen conservar un tempo máis os meus instrumentos de contar. Se o consigo seguirei escribindo poemas no aire con corpos prestados e emocións propias”.