Portal de tu Ciudad Alta

02/05/2010

DE MERENDA CON OPA CHAVALES

📍 Sala Nasa

Horario : 20:00

Opachavales.com é unha web compostelán de frikadas varias, pero usando palabras feas poderiamos dicir que alí se xunta o humor gráfico, a literatura e os delirios audiovisuais e tamén que os seus tres autores teñen nela secuestrado ao espirito do rockanroll (que había tempo que andaba desaparecido). Exactamente téñeno na Habitación de Felucas, por onde van pasando os grupos máis interesantes da bisbarra, a botarlle unha peza entre a cama e os estantes do Felucas, para que logo o vexades na internete. Agora queren ir de merenda á Nasa, e que mellor día ca un domingo para facer algo distinto. Haberá croquetada sideral, atraccións, regaliños sorpresa coa entrada, sesións musicais vibrantes e actuaciós en vivo a pelo, ao puro estilo da Habitación de Felucas, nuns escasos 5 metros cadrados. A xente guai vai vir. Ademáis, a primeira festa é o dia dos namorados e terán de grupos convidados a Malandrómeda e Sr. Anido!!