05/02/2010 – 21/03/2010
Ao pé do lar
📍 O Museo do Pobo Galego
Concebida como actividade complementaria ao Fórum Gastronómico, esta exposición xira arredor dos espazos caseiros das cociñas galegas. Estructurada de forma cronolóxica e temática, ofrece tanto a visión antropolóxica como histórica destes espazos.
Ao pé do lar: Memorias da cociña ´fai un percorrido pola gastronomía galega permitindo ao visitante coñecer a sociedade antiga, tradicional e contemporánea de Galiza.
A través de elementos multimedia e itinerarios interactivos, esta mostra achega ao espectador unha visión da gastronomía e a identidade galegas como un campo en constante evolución, como unha mestizaxe de elementos foráneos e autóctonos.
A exposición rende unha merecida homenaxe a dous mil anos de historia da gastronomía galega. A través de imaxes, sons, cheiros e sabores, os visitantes poderán descubir o pasado e a evolución da gastronomía de Galicia, cun programa diverso que inclúe actividades paralelas á propia exposición. Na produción da mostra, que ten por comisario ao profesor da Universidade de Santiago Manuel Gago, participaron máis de 200 persoas.
Ao pé do lar céntrase na cociña como espazo doméstico de elaboración de alimentos e, ao mesmo tempo, como un lugar central da cultura galega. No Museo do Pobo Galego poderanse ver fotografías de gran formato, recreacións 3D, infografías, paneis interactivos e audiovisuais, que permitirán ao visitante pasear pola evolución histórica da gastronomía de Galicia grazas aos retratos de interiores domésticos, realizados polas fotógrafas Maribel Ruiz de Erenchun e Soledad Felloza.
Os visitantes poderán apreciar a diversidade xeográfica e temporal das antigas cociñas, aínda en uso, que son retratadas cos seus propietarios. Ao carón destas imaxes, tamén se poderán explorar as achegas culinarias de cada época. A exposición amosa que a gastronomía galega actual é resultado dun complexo e dilatado proceso cultural. Ao finalizar o seu percorrido, os visitantes poderán deixar as súas lembranzas das cociñas da súa vida. Cada semana sortearanse sete packs de Colección Costeira (tres bos viños do Ribeiro) entre todos os participantes deses días.
O programa de Ao pé do lar inclúe entre as súas actividades a chamada "Pratos con Memoria", na que sete restaurantes da cidade durante a duración da exposición terán na súa carta seis receitas antigas recuperadas para a exposición. Estas receitas recuperáronse grazas ao traballo das cociñeiras Erundina Vázquez (Restaurante Ateneo de Piñor) e Inés Abril (Restaurante Maruja Limón), baixo a coordinación do xornalista Miguel Vila.
As receitas que se poderán degustar son: "Papas pegas", "Costrada", "Bertóns", "Capón con ostras", "Tortilla ao ron", "Arroz con lumbrigante". Os restaurantes nos que se poderán tomar estes pratos antigos son: Abastos 2.0, Acio, Calderón, Garum, El Mercadito, De Profundis - Hotel Monumento San Francisco e Pedro Roca. Estes sete restaurantes participaron nun curso de formación específica para preparar estes pratos como se facía antigamente.
A exposición contará cun programa de espectáculos nocturnos, "As Noites Contadas". Paula Carballeira, Quico Cadaval, Avelino González e Candido Pazó, serán os encargados de recrear para os asistentes o ambiente e as temáticas das historias contadas ao redor do lume, nunha lareira recreada especificamente para a exposición no propio Museo do Pobo Galego. O obxectivo é que os asistentes comprendan o contexto cultural vinculado a estes espazos domésticos.
Tamén se desenvolverá o espectáculo Marcelo Tejedor: comer a vida, na que o propio cociñeiro narrará a partir da súa biografía as grandes transformacións da alimentación e da gastronomía en galicia nas últimas tres décadas, acompañado do DJ Javier Rial. Cada un destes espectáculos ten un aforo limitado de 30 persoas. Tal é o interese que están a espertar estes espectáculos irrepetibles, que neste momento están xa ocupadas todas as prazas dispoñibles.