Portal de tu Ciudad Alta

16/01/2010 – 21/03/2010

'Sobre o dandismo hoxe en día' no CGAC

📍 Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) Rúa Valle Inclán, s/n. 15704, Santiago de Compostela

A exposición Sur le dandysme aujourd'hui (Sobre o dandismo hoxe en día). Do manequín no escaparate á estrela mediática, é un proxecto de RMS La Asociación en colaboración co Centro Duarte. Esta mostra reflicte conceptos e estratexias herdadas do dandismo que se atopan no traballo e na actitude de artistas contemporáneos e tamén na permanencia da iconografía e a temática proveninte da literatura do dandismo.

A actualidade das propostas de imaxe e da construcción da subxectividade pola apariencia son temas fundamentais dos inicios do século XXI. De aí que esta mostra tome como protagonistas aos dandies e que reflicta este modelo a través de novelas, heroes dun pasado mítico, imaxes da nostalxia e figuras tráxicas do desexo. Todos estes conceptos aparecen representados nalgúns artistas actuais como Jeff Koons, Tracey Emin, Steven Shearer, Hernan Bas, Zak Smith, Joan Morey ou Babak Ghazi.

Esta mostra estruturarase en tres partes, cada unha delas dedicada a un dos fitos na historia do dandismo e ao xeito no que cada unha das súas achegas influíron na arte das últimas décadas, afastándose da súa presentación tradicional.