Portal de tu Ciudad Alta

15/01/2010 – 12/02/2010

As 'Fábulas' de Amabel Míguez de la Sierra

📍 Fundación Torrente Ballester

Esta mostra de Amabel Míguez de la Sierra ofrece ao visitante unha serie de obras gráficas baseadas nas fábulas máis tradicionais, interpretadas desde un orixinal punto de vista.

A artista compostelá Amabel Míguez de la Sierra abre a porta a unha nova visión das máis tradicionais fábulas, cun protagonismo gráfico moi diferente ao habitual e cunha técnica persoal xa presentada en anteriores exposicións.
A mostra comeza cunha relectura evocadora de Fragmentos da Apocalipse, onde a figuración de Míguez de la Sierra se acomoda magnificamente ás descricións do novelista que dá nome á Fundación que unha vez máis acolle a obra de Míguez de la Sierra. Esta obra convértese, ademais, na homenaxe que a artista ofrece ao escritor na conmemoración do centenario do seu nacemento.