11/01/2010 – 28/02/2010
Francisco Leiro e o Códice Calixtino
📍 Casa da Parra Praza da Quintana, s/n.
🎟️ Gratuito
Unha exposición sobre a tradución de latín a galego do Códice Calixtino, na que se exhiben as creacións que Francisco Leiro ideou para este proxecto.
A mostra componse de 34 letras capitais e 6 portadas en formatos 25 x 35,5 e 50 x 35 cm, realizadas sobre papel e técnica mixta, máis dúas esculturas en madeira do mesmo, que representan dúas das letras utilizadas como capitulares: a B e a T.
As portadas ilustran o principio do libro e o inicio de cada un dos cinco libros dos que se compón o Códice Calixtino. As letras inician cada un dos capítulos.
Francisco Leiro naceu en Cambados no 1957. Estudou na Escola de Artes e Oficios en Santiago de Compostela. A principios dos anos oitente participou nas colectivas Atlántica, proposta como unha iniciativa de renovación das artes plásticas galegas. O estilo inconfundible de Leiro pasa por diferentes etapas, sempre obedecendo a unha figuración expresionista, e mantén como referente fundamental a utilización da figura humana. Aínda que emprega en numerosas tallas a pedra, o mármore ou o formigón, soe empregar como soporte principalmente a madeira.