Portal de tu Ciudad Alta

05/11/2009 – 30/03/2010

Miradas. Cara ao paraíso

📍 Fundación Caixa Galicia Rúa do Vilar, 19.

Compostela acolle a exposición comisariada por Fernando Castro, Miradas. Cara ao Paraíso. Un diálogo coa arte galega e as vangardas internacionais, composta por cincuenta e unha pezas procedentes da Colección Caixa Galicia.

Grandes mestres da vangarda internacional, como Chagall, Braque, Picasso ou Miró, e artistas galegos de recoñecido prestixio como Leiro, Maruja Mallo, Novoa o Molezún, protagonizan esta mostra coa que a Fundación Caixa Galicia pecha a tempada expositiva do ano.
Aberto ao público de luns a domingo de 12:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 21:00 horas. As visitas guiadas realízanse os sábados ás 19:30 horas e domingos ás 12:00 horas.