04/02/2010 – 05/03/2010
Tresartistas: Xurxo Martiño, Vicente Prego, Vivián
📍 Espacio 48 Rúa do Vilar, 48
A galería de arte Espazo 48 presenta a exposición colectiva 'Tresartistas', dos artistas Xurxo Martino, Vicente Prego e Vivián, un diálogo metódico onde se traen a colación a perspectiva, a composición, o modelado, as liñas e as cores.
Un correcto tratamento da luz nas pezas de Xurxo Martiño, co que logra unha realista sensación de profundidade, unhas texturas profusamente traballadas e estratexicamente combinadas que nos levan ao mosaico clásico pero que están vinculadas ao actual polo seu carácter pixelado e polo decadente modernismo do seu contido, inician o coloquio que pronto atopa unha resposta na meticulosa linguaxe de Vivián, silenciado voluntariamente durante longo tempo, e por tanto con moitas cousas novas que dicir. Alza a voz unha técnica depurada, unha composición precisa moi meditada e unha evocadora e contundente temática que configuran un monólogo interesante e cativador que Vicente Prego finalmente remata entrando en escena coa súa pincelada concisa, as súas tonalidades perfectamente combinadas e matizadas que buscan xerar un ambiente concreto que consegue tamén mediante unha estudada pátina, que reflicte o paso do tempo e que pon punto e á parte a esta fluída conversación, entre tres verdadeiros expertos na materia, entre tres profesionais xa consolidados, pero ante todo, entre tres artistas. (Cristina Moreiro da Costa).