Portal de tu Ciudad Alta

27/02/2010

Rodrigo Leão no ciclo Sons da Diversidade

📍 Auditorio de Galicia Avda. do Burgo das Nacións, s/

🎟️ 15 euros

Rodrigo Leão, fundador de Madredeus e Sétima Legião, presenta o seu traballo máis introspectivo e nostálxico, A MãeTexturas melancólicas da man dun dos músicos portugueses máis recoñecidos.

A música de Rodrigo Leão transmite emocións propias e alleas que o recoñecido compositor portugués foi recollendo nas súas viaxes polo mundo, coas que tece melodías nas que mestura unha certa sensibilidade pop ancorada nas intervencións de Stuart Staples, dos Tindersticks, e Neil Hannon, de The Divine Comedy, coa exquisita sofisticación nos arreglos que caracteriza os traballos de Leão e que nesta ocasión acadan unha nova dimensión grazas á colaboración da Sinfonieta de Lisboa.

Horario : 21:00

15 euros, con descontos do 50% para menores de 25 anos e persoas xubiladas. Entradas á venda no 902 434 443 e na billeteira electrónica de Caixa Galicia. A véspera e o mesmo día do concerto pódense mercar no despacho de billetes do Auditorio, de 12 a 14 e de 17 a 20 horas, ata as 20.30 horas o día do concerto