Portal de tu Ciudad Alta

25/08/2014 – 12/09/2014

Cursos de lingua galega, Celga

📍 Escola de Idiomas

A Consellería de Educación convoca, con carácter gratuíto, cursos preparatorios para os certificados de lingua galega, Celga, que se realizarán en distintos períodos e en varias escolas oficiais de idiomas de Galicia.
Os cursos poderán ser solicitados por todas as persoas maiores de dezaseis anos, ou aquelas que os fagan no ano natural da convocatoria, que desexen preparar as probas convocadas pola Secretaría Xeral de Política Lingüística para certificar a súa competencia en lingua galega.

As solicitudes presentaranse na secretaría da escola oficial de idiomas onde teña lugar o curso.
O prazo estará aberto ata o ata o 12 de setembro de 2014, para os cursos do primeiro cuadrimestre; e desde o 15 de decembro de 2014 ata o 16 de xaneiro de 2015, para os cursos do segundo cuadrimestre.

Máis información no DOG do 27 de agosto de 2014 e en http://www.xunta.es/linguagalega/