12/09/2014 – 13/09/2014
Atlas de Geografía Humana
📍 Teatro Colón
🎟️ 16,20 euros
No Departamento de Obras de consulta dun gran grupo editorial, catro mulleres traballan na confección dun atlas de xeografía en fascículos. Reunidas por azar nese proxecto, e moi distintas entre sí, todas comparten, sen embargo, unha idade decisiva, na que o peso da memoria matiza xa a conciencia do tempo e da Historia. Mentres investigan, buscan materiais e fixan datos, Ana, Rosa, Marisa e Fran atópanse nese punto de inflexión da vida na que non poden aprazar máis a necesidade de encararse dunha vez consigo mesmas, despexar dúbidas, desexos e contradicións xa insostibles para situarse elas mesmas na súa propia xeografía, no seu propio atlas. Así, iremos descubríndoo todo sobre cada unha delas e sobre o mundo que as rodea, que non é outro que o de toda unha xeración: a súa soidade, as súas inhibicións, os seus soños truncados, as súas decepcións, pero tamén as súas paixóns e os seus amores inconfesados, a súa dureza e a súa tenrura, as súas derrotas e as súas grandes conquistas.
BASEADO na novela de ALMUDENA GRANDES.
ADAPTACIÓN. Luis García-Araus.
DIRECCIÓN. Juanfra Rodríguez.
REPARTO. Arantxa Aranguren, Ana Labordeta, Ana Otero, Rosa Savoini, Ángel Ruiz.
HORARIO: 20.30 horas
BASEADO na novela de ALMUDENA GRANDES.
ADAPTACIÓN. Luis García-Araus.
DIRECCIÓN. Juanfra Rodríguez.
REPARTO. Arantxa Aranguren, Ana Labordeta, Ana Otero, Rosa Savoini, Ángel Ruiz.
HORARIO: 20.30 horas