Portal de tu Ciudad Alta

05/03/2010

RECITAL DE GUITARRA A CARGO DE FERNANDO PÉREZ

📍 Auditorio do Conservatorio Profesional de Música de Santiago, HORA: 20 horas

🎟️ GRATUITO

CURRICULUM DE FERNANDO PÉREZ FERNÁNDEZ

Nace en Lousame (A Coruña), en 1982. Recibe as súas primeiras clases de guitarra da man do seu tío e posteriormente ingresa na escola de música do seu pobo natal, simultaneando o estudio da guitarra co da trompa, todo baixo a tutela do mestre Prudencio Romo.
Obtén a súa licenciatura con Ramón Carnota Méndez, ca calificación de Matrícula de Honra no último curso e de Sobresaínte no Recital de Fin de Carreira no Conservatorio Superior de Música de A Coruña.
Asiste a cursos de perfeccionamento con mestres da talla de Javier González Abraldes, Álex Garrobé, Marco Socías, Ricardo Gallén, Hugo Geller, Antonio Duro, Joaquín Clerch, Juan Carlos
Rivera, Carles Trepat, Goran Kiprokavich, Tilman Hoppstock e Carlo Marchione.
Toma parte no I e II Concurso Internacional de guitarra Norba Caesarina en Cáceres, no I Concurso Internacional de guitarra de Niksic (Montenegro) e no Premio de Novos Intérpretes do
Concello de Ortigueira.
Participou no VIII Ciclo de Xoves Intérpretes da Asociación da Lírica Teresa Venganza así como tamén colaborou ca Escola de Altos Estudios Musicais de Galicia tocando quintetos de Bocherini ca profesora Ildiko Oltai, membro da Real Filarmonía de Galicia.
Participou en diversos concertos pola xeografía galega, ben en calidade individual ou formando dúo con diversos instrumentos como o violín, a guitarra e o óboe.
Na actualidade compaxina a súa labor concertística ca deprofesor de guitarra no Centro de Música Autorizado Profesional Fingoi en Lugo.

PROGRAMA DE CONCERTO:
                I
FANTASÍA Op.19
(LUIGI LEGNANI 1790-1877)

SUITE XX EN RE MAIOR*
(JOHANN J. FROBERGER 1616-1667)

PRELUDIO BWV 997*
PRELUDIO BWV 1006a*
(J. S. BACH 1685-1750)

               II
ESTUDIO I
ESTUDIO VII
(H. VILLA-LOBOS 1887-1959)

FRANÇAISE
(J. IBERT 1890-1962)

SARABANDE
(F. POULENC 1899-1963)

NOCTURNAL Op. 70
(B. BRITTEN 1913-1976)