Portal de tu Ciudad Alta

18/02/2010

Orquesta Sinfónica de Galicia

📍 Auditorio de Galicia ás 21.00 h

🎟️ 10 euros. Desconto do 50% para estudantes e xubilados.

A Orquestra Sinfónica de Galicia acompañada da solista Ana Ibarra volve ao Auditorio de Galicia, mañá, xoves 18 de febreiro para ofrecernos a estrea abosoluta da obra Noche más allá de la noche, do compositor Juan Vara e a Sinfonía núm. 5 de Gustav Mahler.

Na primeira parte do concerto da noite teremos a ocasión de asistir a estrea absoluta da obra de Juan Vara titulada Noche más allá de la noche (Tres cantos de Antonio Colinas), obra de encargo da OSG, na que exercerá de solista a soprano Ana Ibarra. Na segunda parte do programa a orquestra acometerá a Sinfonía núm. 5 de G. Mahler.

Orquestra Sinfónica de Galicia (OSG), creada en 1992, polo Concello da Coruña, é unha das agrupacións orquestrais de maior proxección en España, Víctor Pablo Pérez é o seu director titular desde 1993. A OSG conta habitualmente con solistas como Maurizio Pollini, Kristian Zimmerman, Gil Saham, Sara Chang, Alfredo Kraus, Plácido Domingo, Carlos Chausson, entre outros moitos, sempre baixo a batuta de mestres como Daniel Harding, Guennadi Rozdestvenski, Enmanuel Krivine, Peter Maag etc. A orquestra ten gravado varios discos con solistas como Juan Diego Flórez, Daniela Barcellona, Plácido Domingo etc.

Pablo González, director
Pablo González será o novo director titular da Orquesta Sinfónica de Barcelona e Nacional de Cataluña a partir de setembro de 2010. É principal director invitado da Orqueta Ciudad de Granada desde outubro de 2008. Foi tamén director asistente da London Symphony Orchestra, JONDE. Dirixiu a Orquestra de Cámara de Lausanne, Filharmónica de Estrasburgo, Sinfónica de Basilea, Wienner Kammer Orchestra etc. E traballou con solistas como Maxim Vengerov, Truls Mork, Rudolf Buchbinder, Renaud Capuçon, Eldar Nebolsin, Javier Perianes, Asier Poloe David Fernández.

Ana Ibarra, soprano
Naceu en Valencia e fixo o seu debut operístico no ano 2000 no Teatro Cervantes de Málaga no papel de Donna Elvira en Don Giovanni. Desde aquela desenvolve a súa carreira a nivel internacional nos teatros de Bruxelas, Toronto, Buenos Aires, Viena, Madrid, Barcelona.
Combina as actuacións operísticas con concertos e recitais nas principais salas de concertos e as suas gravacións inclúen a ópera Falstaff dirixida por Collin Davis e a London Symphony Orchestra que obtivo o Premio Grammy 2005.