Portal de tu Ciudad Alta

25/02/2010

PROJECTO MOURENTE + YOPLAY

📍 SALA NASA

🎟️ 10 € | Adiantada (A Reixa Tenda): 8 € | Tripulación: 5 € - Por Internet: 8 €

Horario: 21,30h.

Projecto Mourente comeza como o pasatempo musical de Carlos Valcárcel, no que participan tamén amigos e coñecidos. Trátase de procurar diversión facendo música na casa con computadores persoais. O Projecto Mourente funciona como tal desde 2002. En 2006 reuniu varios temas nun álbum, "Baixo os eucaliptos", que se publicou no netlabel A Regueifa Plataforma. O 16 de maio de 2007 o Projecto Mourente debuta ao vivo com The Homens na Sala Nasa (Santiago de Compostela). Nesa altura incorpórase ao proxecto Yolanda Valcárcel. En xuño dese mesmo ano publícase a versión de "Corpiño Xeitoso" en "Dobarrismo", un disco de tributo a Andrés do Barro. En maio de 2008 edítase "kara.o.ke", o segundo álbum de Projecto Mourente, de novo na Regueifa. Con "Kara.o.ke", o proxecto continúa a liña iniciada no primeiro traballo con cancións bailábeis de pop electrónico programadas e gravadas nun simple estudio caseiro, inspiradas en grupos como Pet Shop Boys, Fangoria ou New Order. No verán de 2008 o Projecto Mourente inclúe o guitarrista Álex López Sueiras para as actuacións ao vivo. Durante 2008 e 2009 o Proxecto Mourente continuou dando concertos en diferentes lugares de Galiza.

Se The Blows son os Strokes galaicos e Catpeople os Interpol vigueses, os novísimos YOPLAY son sen dúbida a versión patria dos Franz Ferdinand máis intesos e escuros, e pola súa xuventude e impresionante directo un nome a ter moi en conta na nova escena indie galega. O seu primeiro EP, Killmymother, xa se pode descargar de balde no netlabel www.aregueifa.net.