26/02/2010 – 28/02/2010
Z, TEATRO ZOMBI
📍 SALA NASA
🎟️ 9 € | Reducida (est/parad/xub/discap): 7 € | Domingo entrada única: 7 € | Tripulación: 5 € - Por Internet: 8 €
Horario: Venres 26, Sábado 27 ás 21,30h. Domingo 28 ás 20,00h.
Unha peza absolutamente feroz, incómoda, noxenta, que transgrede os limites da corrección teatral rebelándose contra todo. A non perder!
Intérpretes: Miguel Ángel Altet, David Espinosa, Cristina Nuñez. Creación:??Miguel Ángel Altet, Cristina Nuñez, David Espinosa, Sergi Fäustino. Dirección: Sergi Faustino. Coprodución: Teatre Lliure, M.O.M/El Vivero e Sergi Fäustino coa colaboración do Departament de Cultura i Mijtans de Comunicació da Generalitat.
Z é a cuarta creación de Sergi Faustino estreada no ciclo Radicals Lliure de Barcelona, sempre dentro da liña de traballo de levar a vida real ao escenario. Esta vez, o tema de fondo é a inutilidade, os tópicos e os zombies, dentro da filosofía das series B, pero en teatro. Unha peza sorprendente, que consegue falar do mundo, do ser humano e dos temas que nos preocupan a partir dun tema moi friki e dunha estética moi gore.
Sergi Fäustino formouse en danza e dirección teatral na “School for New Dance Developement” en Amsterdam, (Holanda), traballando con Martin Sonderkamp, Elena Lizari, Masako Noguchi e Frans Poelstra. O seu solo “Las putas destrjen el ombre” estréase alí. De volta en España, traballa como bailarín nas producións operísticas de La Fura dels Baus: “L’Atlàntida” de Manuel de Falla, “El martiri de Sant Sebastià” de Claude Debussy e “La condemnació de Faust” de Héctor Berlioz e como actor en OBS. Traballa tamén con Sol Picó, Carles Santos, La Vana Gloria e coa compañía Andrés Corchero-Rosa Muñoz. A partir de 2003 inicia as súas creacións: o solo “Nutritivo” coproducido por el Mercat de les Flors e L’Antic Teatre. “La historia de MªEngracia Morales” (2004), que obtén o premio ao espectáculo máis innovador da Feria de Teatro e Danza de Huesca “El Cremaster de los Cojones” (2005), que gaña o 5è Premi d’Arts Escèniques Lleida 2004. “f.r.a.n.z.p.e.t.e.r.” (2006), que se estrea no Teatre Lliure. “de los condenados” (2007). “Duques de bergara unplugged (2008).