11/02/2010 – 21/05/2010
'Grandes batallas'
📍 Zona C San Domingos de Bonaval, s/n
🎟️ GRATUITO
Antía Moure
A mostra, organizada pola concellaría de Cultura e Centros Socioculturais, presenta a intervención que Antía Moure ideou para a Zona "C", na que insiste nunha das liñas de investigación e interese da artista: o descubrimento do sentido e a transcendencia do tempo e os lugares.
'Grandes batallas' está formada por dúas obras que se contrapoñen. O mural quere facer visible o devir do tempo, conxelalo no presente. Permite visualizar un fenómeno atmosférico desde su nacemento ata a súa eclosión, ter consciencia da idea de movemento, de tránsito, de principio a fin.
En contraposición co movemento ficticio da atmosfera da sala, está o pozo. Un obxecto inmóvil, anclado no chan. Un obxecto que provoca medo enfrontado ao poder que presupón por conceder desexos. A descontextualización e o material da que está feito recalcan un escea estraña.
O acto de inauguración contará coa presenza de Socorro García Conde, tenente de alcalde e concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, e a da artista Antía Moure.
A exposición permanecerá aberta ata o 21 de maio de 2010 e pode visitarse todos os días, excepto o luns, de 10:00 a 14:00 h e de 16:00 a 20.00 h. A Zona "C" está situada na rúa San Domingos de Bonaval.