Portal de tu Ciudad Alta

25/10/2014 – 26/10/2014

Ghazafelhos: Contos para Escagarriñarse

📍 Sala Gurugu

19.00 horas
Os Ghazafelhos poñen a proba os esfínteres familiares coa esta proposta: "Contos para Escagarriñarse" Non, non é nada escatolóxico, Ghazafelhos representará tres historias de terror, misterio e loucura coas que os nosos pais, nais , avós, avoas, etc.. nos torturaron docemente durante a nosa infancia.

Pregamoslle ao público que acuda con papel... hixiénico....
Uns cómicos chegan á vila para amosar increibles historias de medo da nosa tradición popular;

Un espectáculo para interior ou exterior, un pequeno carromato como eixe da posta en escena, tres “cómicos”, unha cabra e a “necesaria” participación do público para 50m. de humor e repaso da nosa tradición popular

Espectaculo para todolos públicos