Portal de tu Ciudad Alta

26/10/2014

Los Chicos del Coro

📍 Teatro Colón

🎟️ 18 euros

20:00 horas

A coral de Saint Marc, máis coñecida en España como ‘Los Chicos del Coro’ celebra este ano os seus 25 anos de existencia e o décimo aniversario da súa irrupción na elite da música coral a nivel mundial grazas á interpretación das cancións da película ‘Los Chicos del Coro’, cunha banda sonora que vendeu máis de catro millóns de cds e foron nomeados ao Óscar.

Na última década realizaron máis de 1300 concertos en todo o mundo dos que 400 foron en España, en 2011 e 2012 realizaron 81 concertos visitando o Liceo de Barcelona, o Coliseum de Madrid, Euskalduna de Bilbao ou o Anfiteatro Romano de Mérida entre un longo etcétera.

A coral realiza unha actividade solidaria cos menos afortunados (hospitais infantís e terceira idade) e promove a coparticipación de corais infantís locais creando unha interesante sinerxía entre os nenos. É importante o desenvolvemento da música coral infantil en España e sen dúbida ‘Los Chicos del Coro’ aportaron o seu gran de área neste feito do que o seu director, o Sr. Ponte, amósase especialmente orgulloso.