05/03/2010
LA PHAZE
📍 SALA NASA
🎟️ 12 € | Adiantada (A Reixa Tenda, www.salanasa.com): 10 € | Tripulación: 6 €
La Phaze son: Damny Baluteau (voz principal, sintetizadores), Arnaud Fournier (guitarra, coros) e Guillaume Rousé (batería, coros).
Os franceses de La Phaze son toda unha institución musical no país gabacho. O trío de Nantes creou e desenvolveu un estilo abondo particular e visionario en constante evolución, que foi pulindo desde 1999, ano da súa formación. O seu son susténtase no rock&roll como espírito musical motriz e como filosofía de vida, na euforia do drum’n bass e no jungle, no ragga e no hip-hop como compromiso, na rabia e mensaxe do punk, no dub como atmosfera e loucura, no reggae como unidade e fe nas cousas e as persoas, e na electrónica como diversión. En resume, un son polivalente. Unha mestura realmente inédita que agora levan a todo o planeta. Poden definirse como unha banda de rock&roll industrial facendo raggamuffin cibernético, ou como eles mesmos din, “punglistic mixture”. Pero sobre todo son unha banda de directo, demostrando en cada concerto como se pode facer tanto con tan pouco, facendo milagrosas as súas combinacións de baterías, sintetizadores, potentes bases graves, riffs de guitarra, efectos, voces, berros, scractches, harmónicas, delays...
Milleiros de descargas en internet, medio millón de visitas en myspace, centos de concertos e numerosas xiras intercontinentais por paises de todo o globo, compañeiros de viaxe do seu colega e fan Manu Chao e do enigmático Gogol Bordello, teñen convertido a La Phaze nun auténtico referente musical e social.