Portal de tu Ciudad Alta

06/03/2010

A TRIBU

📍 SALA NASA

🎟️ 9 € | Adiantada www.salanasa.com: 7 € | Tripulación: 5 €

Horario: 21,30H

Xacobe Martínez Antelo (baixo), Rosolino Marinello (saxo), Toño Otero (saxo), Manuel Cebrián (guitarra), David Outumuro (percusións), DJKhiko (pratos), Max Gómez (batería), VJ Frondo (videocreación).

A Tribu é o proxecto eléctrico de Xacobe Martínez Antelo. Unha volta ás raices. Unha mirada ao rock, ao funk, ao hiphop, ao groove, pero sen esquecer todo este camiño percorrido polo jazz, pola improvisación e pola creación musical colectiva. É unha ocasión de revisitar o songbook persoal de Xacobe Martínez, así como a oportunidade de adentrarse en novos terreos compositivos. A Tribu está formada por Rosolino Marinello e Toño Otero aos saxos, Manuel Cebrián á guitarra eléctrica, Xacobe Martínez Antelo ao baixo eléctrico, David Outumuro ás percusións, DJKhiko aos pratos, Max Gómez á batería e VJ Frondo na vídeocreación. A Tribu traballa nunha proposta arriscada e contundente. Con inmensas doses de improvisación ao servizo dun concepto grupal. Música de raiz e de vangarda a un tempo. Tanto Funk, coma Rock. Tanto Jazz, coma HipHop... Música instrumental con moito corpo e profundidade.