Portal de tu Ciudad Alta

11/03/2010 – 21/03/2010

BERROBAMBÁN PRESSING CATCH

📍 SALA NASA

🎟️ 9 € | Reducida (est/parad/xub/discap): 7 € | Domingo entrada única: 7 € | Tripulación: 5 € - Por Internet: 8 €

Horario:
MARZO 11X 12V 13S 19V 20S | 21,30H.
MARZRO 14DOMINGO 21DOMINGO| 20,00H.


Intérpretes: Hugo Torres, Paula Carballeira, Chiqui Pereira, Anabell Gago. Texto: Paula Carballeira. Dirección: Quico Cadaval. Escenografía: Pablo “Pastor”. Iluminación: Fidel Vázquez. Vestiario: Clotilde Vaello. Música: DF Vieites Hevi. Coreografía: David Loira.

Berrobambán é a compañía galega con maior traxectoria en teatro infantil de actores e actrices e un grupo que nos seus inicios estivo moi ligado á NASA. Xa en 1998 foron parte fundamental do Asteroide B-612, que foi o primeiro programa estable de teatro familiar en Galicia, posto en marcha desde a NASA. Despois puidemos coñecer outra liña do seu traballo, orientada ao público adulto con obras como NdC, estreada no ano 2001 a partir de textos de Rodrigo García, ou o cabaret Vendetta, estreado en 2004. E agora a compañía aposta por un espectáculo para xente moza e adulta no que se reflexiona sobre determinadas circunstancias sociais que estamos a vivir. Por tanto, Pressing Catch non representa unha ruptura, senón que profundiza nas inquedanzas e nas formas de relacionarse co público que practica a compañía.

Berrobambán pretende facer teatro do espectáculo do “pressing catch”, tomando algunhas das súas convencións: os epítetos dos loitadores, a acrobacia, a música que os acompaña, pero introducindo variantes coma o coidado dos diálogos, a presenza feminina, e, sobre todo, a descontextualización da loita. Porque vivimos na era do medo. Temos medo practicamente de todo; e o medo, ademais de limitar a nosa liberdade, núblanos o entendemento e fainos manipulables, bonecos nas mans das novas tecnoloxías, dos medios de comunicación, do poder. Non deixa de ser curioso que uns dos programas máis vistos nos últimos dez anos en diferentes televisións do planeta sexan os adicados á loita.