Portal de tu Ciudad Alta

25/03/2010

TARU&ZAMARAMANDI REGGAE BAND + GANJARH FAMILY + SUKO-B + EU-G + VILA DE MENINHOS CARENTES

📍 SALA NASA

🎟️ 10 € | Adiantada (A Reixa Tenda, www.salanasa.com): 8 € | Tripulación: 5 €

Horario: 21,30H.

Taru & Zamaramandi
é un proxecto que nace do amor e do respeto ao reggae sen perder a forza orixinal do estilo, pero á procura de diferentes raíces (rock, latin, ska). Taru encarna a voz principal nesta nova andaina, convertíndose no primeiro compositor de reggae en galego. Desde o ano 2000 ten realizado variadas facetas dentro do reggae: vocalista, compositor e guitarra en Reggaeto e Os Paxaros Coiro, harmonías vocais e guitarra en Bush Doctors, Pinacle ou en formatos Sound Systen nacionais e internacionais como Eu-g sound, Masko Selektar (Portugal), Breizt Massive Sound (Francia), e gravando dub plates (cancións dedicadas) para Sound Systems de toda a Península como Indica Sound (Malaga), Monster Sound (BCN) ou Nigthy Sound (Porto). Taru presenta esta nova proposta acompañado da banda viguesa Zamaramandi, finalista do concurso de grupos galegos de reggae no Reggae Festival One Fundation, e finalistas tamén do Contest Reggae, pretixoso concurso do Rototom Reggae Festival en Italia.

Desde os seus inicios Ganjahr Family foi da man do Kinki Reggae Clube Sound, colectivo de selektahs vigués co que contan para a maioría das súas actuacións. Os estilos que practican son principalmente o New Roots e o Dancehall, cunha combinación vocal única no Reggae en español ata o momento. Ras Canelow representa a potencia e a intensidade, con letras directas e un rexistro agresivo, disparando a súa lírica como se dunha ametralladora se tratase. Donpol, pola contra, posúe un rexistro moito máis harmónico e sereno.