26/03/2010 – 27/03/2010
ULTRANOITE ANTOLOXÍA
📍 SALA NASA
🎟️ 12 € | Estud/parado-as/xubilado-as/discapacitado-as: 10 € | Adiantada internet (www.salanasa.com): 10 € | Tripulación: 6 €
Horario: 23,00H.
CABARÉ COLECTIVO | GALIZA
Despois de tantos anos, xa van 17, e despois de tantas Ultranoites, máis de 70, pensamos que chegou o momento de facer un alto no camiño e repasar algúns dos números que foron facendo a historia deste peculiar teatro de variedades. Porque a Ultranoite non é un espectáculo máis, senón unha crónica bufonesca e irreverente dunha época que marcou o paso do século XX ao XXI. E tamén un catálogo dos artistas escénicos galegos destes anos: actores, actrices, cantantes, músicos, pallasos, vedetes, malabaristas, cómicos, trapecistas, estripers, performers..., porque son poucos os que non responderon algunha vez a chamada da Ultranoite. Unha chamada asilvestrada, feita con nocturnidade e alevosía.
Queremos aproveitar ademais esta Ultranoite para presentar en primicia un novo proxecto da NASA, unha nova canle de comunicación propia a través de internet que se chamará REDENASA.TV, que comezará a funcionar a partir do mes de abril de 2010. Trátase de crear unha plataforma dixital que actúe como soporte para unha comunidade social e artística en internet e que ten como finalidade romper a barreira entre produtores e espectadores a través dunha interacción física, electrónica e audiovisual. A Rede Nasa será un laboratorio de creación on line de contidos artísticos multidisciplinares e un sistema de exhibición de contido artísticos a través de internet. Entre outros obxectivos, imos facer público o arquivo de vídeo da NASA, con máis de 600 horas gravadas de actuacións desde o ano 1993. A recadación desta Ultranoite servirá para financiar a posta en marcha deste novo espazo.