14/11/2014
A Mamma, Teatro do Noroeste
📍 Fórum Metropolitano (Calle Río de Monelos, 1) A Coruña
🎟️ 7 euros
Hora: 21.00
Con Luma Gómez
Dirección: Eduardo Alonso
Autor: Lino Braxe
Entradas: 7€ (carné xove, + 65 anos, desempregad@s, 5€)
“A Mamma”, en certa medida é a historia de toda unha xeración, da xeración do 68, os que naquel importante ano estaban ao redor dos vinte anos e tamén, hai que dicilo, a xeración dos culpables de que agora as cousas estean como están. Por iso a historia de “A Mamma” é a historia dun fracaso pero do fracaso de toda unha xeración que deixou pasar diante dela todas as oportunidades de rectificar. Pero non todo é xeracional en “A Mamma”. Tamén está o particular porque non hai personaxe que se prece, sen unha concreción específica. E así “A Mamma” ten dúas fillas, que deberían ser a súa prolongación pero, pola contra, son a súa contradición. Isto tamén é moi posible na xeración que nos ocupa, esa xeración que educou os seus fillos na abundancia e na liberdade e, agora, todo iso vólvese en contra.