Portal de tu Ciudad Alta

11/03/2010

Post-rock xaponés con Mono

📍 Salón Teatro Rúa Nova, 34

🎟️ 10 euros (desconto do 40% para estudantes, xubilados, usuarios do carné xove e desempregados)

Horario: 22:00H

Mono é unha das formacións máis interesantes do panorama independente xaponés. Dentro do espectro do post-rock máis instrumental e narrativo, destacan pola precisión emocional dos seus temas e por unha carreira moi estable no que se refire ás calidades dos seus traballos.

Takaakira Goto (guitarra)
Yoda (guitarra)
Tamaki Kunishi (baixo, guitarra, piano e glockenspiel)
Yasunori Takada (percusión, glockenspiel e sintetizador)

O cuarteto xaponés presentará neste concerto Hymn To The Inmortal Wind, o seu quinto e máis recente traballo, co que celebran o seu décimo aniversario.

Mono constrúe muros de son inmensos, os seus in crescendo memorables achégaos ao rock progresivo e os seus camiños entre o silencio e o ruído son levados con mestría e dramatismo. Son unha banda madura capaz de levar o rock cara a novas fronteiras.

Formada en 2000 en Toquio, teñen no seu haber cinco álbums de estudo: Under the Pipal Tree (2001), One Step More and You Die (2002), Walking Cloud and Deep Red Sky, Flag Fluttered and the Sun Shined (2004) e You Are There (2007). E finalmente, en 2009 ve a luz o seu novo traballo, Hymn to the Immortal Wind.

O estilo da banda está influído polo shoegaze e o rock experimental, así como pola música clásica contemporánea, con trazas de minimalismo. O seu particular son caracterízase
polo uso da reverberación, a distorsión e o delay nas guitarras, e os seus directos acostuman a ser intensos cheos de vibrante forza, tanto na súa maneira de tocar como no seu dinamismo.

O concerto conta coa presenza de Joe McPhee & Chris Corsano como artistas convidados. Saxofonista e percusionista respectivamente, estes dous músicos con traxectorias e escolas tan distintas xúntanse para produciren unha das colaboracións máis aplaudidas do free-jazz contemporáneo.