12/03/2010
Alexandre Ghindin no ciclo de piano Ángel Brage
📍 Auditorio de Galicia Avda. do Burgo das Nacións, s/n.
🎟️ 12 €, cun desconto do 50% para xubilados e estudantes.
Horario: 21:00H
O pianista Alexander Ghindin recupera as obras dalgúns dos compositores rusos máis notables do cambio de século XIX ao XX no terceiro concerto do ciclo de piano Ángel Brage.
Alexander Ghindin, piano
A. Scriabin,
Dous poemas, op. 32 Dous poemas, op. 69 Poema, op. 59 Sonata núm. 4, op. 30
S. Rachmaninov,
Preludio núm. 4, op. 23 Preludio. Piece posth 1917 Daisies núm. 3, op. 38 Étude-tableau núm. 5 en mi bemol menor, op. 39 Étude-tableau núm. 7 en Mi bemol maior, op. 33 Preludio núm. 5, op. 23
M. Mussorgsky, Cuadros dunha exposición
Alexander Ghindin interpretará obras de Alexander Scriabin, de Sergei Rachmaninov e de Modest Mussorgsky. O concerto céntrase nos compositores clásicos do piano moderno, unha xeración que alcanza a súa maioría de idade no cambio de século XIX ao XX. Para eles a modernidade ten o sentido de procura dunha linguaxe persoal, aínda que non necesariamente ignorando ou prescindindo da tradición. Así, mentres nas primeiras obras de Scriabin se advirten as últimas tendencias do romanticismo, con claras influencias de Chopin e Liszt, Rachmaninov mostra máis influencia de Tchaicovsky e unha maior énfase da melodía de brillante colorido nacionalista.
Alexander Ghindin naceu en Moscova en 1977. Foi o máis novo finalista do Xº Concurso Internacional Tchaikovsky e gañou o Segundo Premio do Concurso Raíña Isabel de Bélxica.
Así mesmo foi gañador do Primeiro Premio do Concurso de Piano de Cleveland. Na súa traxectoria xa tocou con directores de orquestra da talla de Spivakov, Ashkenazy, Fedosseiev, Fagen, Slatkin, Simonov, Ryan, Casadesus, Kitajenko, Neuhold, P. Järvi, etc.