Portal de tu Ciudad Alta

13/03/2010 – 14/03/2010

'Las criadas' de Jean Genet

📍 Salón Teatro Rúa Nova, 34

Horario:
-Sabado as 20:30H, 10 euros (desconto do 40% para estudantes, xubilados, usuarios do carné xove e desempregados)
-Domingo as 18:00H, 5 euros.


Manuel Dueso dirixe esta versión da obra de Jean Genet. Seguindo unha indicación do autor, na montaxe os tres personaxes femininos son representados por homes, potenciando así o xogo teatral e afastando a obra de toda clave realista.


Autoría: Jean Genet
Dirección e adaptación: Manel Dueso
Axudante de dirección: Manel Moncusí
Tradución: Lluís Miquel Bennàssar e Manel Dueso
Espazo sonoro: Bárbara Granados
Espazo escénico: Manel Dueso e María De Frutos
Deseño de luces: David Bofarull
Deseño de vestiario: Miriam Compte
Elenco: Isaac Alcayde, Oriol Genís e Xavier Pujolràs

Nunha cerimonia perversa e chea de intriga, as irmás Clara e Solange representan alternativamente o papel da súa Señora. Así sae á luz o amor-odio que senten por ela e por si mesmas, á vez que expresan aquilo que cren que a Señora pensa das súas criadas.

Novelista, poeta e dramaturgo francés, Jean Genet era fillo ilexítimo dunha prostituta. Foi sorprendido roubando á idade de dez anos e durante toda a súa mocidade e ata uns trinta anos despois tivo que enfrontarse a unha longa serie de procesos por roubo e prostitución homosexual. En 1947, ao levar xa dez
detencións por roubo, foi condenado a cadea perpetua. Mentres estaba no cárcere, Genet escribiu e publicou varios libros e o seu crecente prestixio literario moveu a un amplo grupo de autores franceses a pedir a súa liberación, que finalmente foi concedida en 1948 polo presidente de Francia.

Aínda que os seus escritos foron considerados ao principio pornográficos ao principio, Genet foi definido moi cedo como un existencialista preocupado polos problemas da identidade e a alienación, e foi recoñecido como un dos máis importantes escritores do século XX. En 1983 concedéuselle o Grand Prix National des Lettres, o premio nacional das letras francesas.