Portal de tu Ciudad Alta

16/03/2010

'Lock & Stock' no ciclo 'Londres no cinema'

📍 Aula Sociocultural Caixa Galicia Carreira do Conde, 18.

🎟️ ENTRADA LIBRE

Horario: 20:30H

Péchase o ciclo 'Londres no cinema' con esta exitosa película británica sobre póker e bandas, con moito ritmo e sentido do humor.


Lock, Stock and Two Smoking Barrelst, Reino Unido, 1998
Xénero e duración: Comedia negra, 106'
Dirección e guión: Guy Ritchie
Fotografía: Tim Maurice-Jones
Intérpretes: Nick Moran, Jason Flemyng, Jason Statham, Dexter Fletcher, Steven MacKintosh, Frank Harper, Lenny McLean, Vinnie Jones, Sting, P.H. Moriarty

Eddie convence a tres amigos para xogar os seus aforros nunha partida de cartas contra Harry a Machada, un mafioso do barrio. A partida está amañada e Eddie non só perde todo o diñeiro senón que acaba debendo outros 120 millóns a pagar antes dunha semana. O mafioso pretende quedar co local do seu pai para resarcir a débeda, pero o catro amigos planean saldala dunha forma moito máis arriscada.
Proxección en V.O.S.