Portal de tu Ciudad Alta

16/03/2010

Yo La Tengo en concerto

📍 Sala Capitol Rúa Concepción Arenal, 5

🎟️ 20 €. Venda anticipada no despacho de billetes electrónico de Caixanova.

Horario: 21:00H

Chega a Santiago unha das bandas de rock indepentende cunha traxectoria máis sólida. O trío de Hoboken leva máis de 25 anos cunha proposta musical que se move entre o folk estadounidense e a experimentación sonora.

A banda está formada polo matrimonio Georgia Hubley (batería) e Ira Kaplan (guitarra) e o baixista James McNew. Desde que en 1986 a banda publicou o seu primeiro disco, Ride the tiger, editaron outra ducia de álbums de estudio, entre os que destacan Fakebook, Painful, I can hear the heart beaten as one, An then nothing turnet itself inside out ou o recente Popular songs.

Tamén editaron un bo feixe de recopilatorios e participaron en numerosos discos colectivos. Son coñecidos tamén pola súa afección a facer covers e pola variedade das súas propostas en directo. Yo La Tengo é hoxe unha das bandas de indie rock máis aclamadas no mundo enteiro, acadando o grao de grupo de culto.