Portal de tu Ciudad Alta

08/04/2010 – 11/04/2010

Ensaio aberto da Banda Municipal

📍 Auditorio de Galicia(Sala Mozart) Avda. do Burgo das Nacións, s/n.

Horario: 12:00H

A Banda Municipal de Santiago ofrece ao público compostelán un ensaio aberto. Durante o mesmo realizarase unha presentación dos membros da Banda e unha breve explicación sobre a agrupación.

A Banda Municipal é unha das máis antigas de Galicia, xa que se formou en 1849. Na actualidade conta con 38 compoñentese e entre as súas actividades destacan os concertos dominicais, os de verán e os didácticos.