20/03/2010
Proxección do telefilme 'Jalisco'
📍 CSC Ensanche Frei Rosendo Salvado, 14-16
🎟️ ENTRADA LIBRE
Horario: 18:00H
Jalisco, codirixido por Francisco Piñeiro e Jorge Valcárcel adapta a historia real de José García Pena que tras saír de prisión por asasinar a súa familia trasládase a Canarias, onde volve contraer matrimonio.
Galicia, 2001
Xénero e duración: Drama, 49'
Dirección: Francisco Piñeiro Vilas e Jorge Valcárcel
Fotografía: Francisco Piñeiro Vilas e Xulio Ferreiro
Música: Xavi Font
Intérpretes: Santi Prego, Xavier Deive, Tucho Lagares, Pepe Soto
O 23 de setembro de 1948 A Coruña esperta coa noticia dun terrible suceso. Os rumores, que pouco a pouco empezan a confirmarse, chegan á cidade dende o lugar de Dorneda, no concello de Oleiros. Alí, José García Peña, un mexicano de 30 anos, acaba de matar a coiteladas a súa muller, a súa sogra e a unha cuñada tras manter unha forte discusión. As outras tres persoas que se atopaban no lugar dos feitos logran escapar con vida da traxedia. Despois de cometer o triple asasinato, José García Peña, trata de prenderlle lume á casa e despois intenta suicidarse.
Tras cumprir a súa condena o xa famoso asasino de Arillo, Jalisco, trasládase ás Palmas de Gran Canaria, onde casa con Irene Quevedo, que ten unha nena pequena do seu primeiro matrimonio. O 7 de xuño de 1976 asasina a ámbalas dúas, nai e filla, e queima os seus cadáveres. José García Peña suicídase nun centro psiquiátrico en febreiro de 1979.