20/03/2010
Sidonie
📍 Sala Capitol Rúa Concepción Arenal, 5
🎟️ 15 euros anticipada
Horario: 22:30H
Volve a Compostela o rock psicodélico de Sidonie, que desta volta presenta o seu último traballo, el incendio.
Sidonie:
* Marc Ros: voz, guitarra, teclados
* Jesús Senra: voz, baixo, sitar, teclados
* Axel Pi: batería, táboa, percusión, teclados
O trío barcelonés comezou no panorama musical con Sidonie, no 2001, arrasaron coa súa nostalxia dos Beatles, Rolling Stones, Byrds, David Bowie, The Velvet Underground, Syd Barrett, The Doors, Love... Tomaron o nome dun single de Brigitte Bardot, e coa súa estética sesenteira seguen a colleitar éxitos.
Logo do éxito do seu disco de debut, contratounos unha gran compañía. Con Sony Records, publicaron varios discos, como Shell Kids, Fascinado, Costa Azul e o último, El incendio. Aínda que ao principio as súas letras estaban en inglés, nos últimos discos cantan integramente en castelán.
Tamén fixeron colaboracións con grupos como Pereza, Sopa de Cabra, Love of Lesbian ou Marc Parrot.