Portal de tu Ciudad Alta

26/12/2014 – 02/01/2015

Nadal Artístico

📍 Biblioteca Pública da Coruña

NADAL NA BIBLIOTECA

Co Nadal chegan á Biblioteca varias actividades especialmente dedicadas a nenos e rapaces, todas elas gratuítas:

SÁBADO 20 ÁS 12 HORAS, para nenos de 4-12 anos. Actividade de dinamización por Migallas Teatro. “Merenda con pan de millo” é un espectáculo de pequeno formato baseado no libro-disco “Pan de millo”, editado pola Editorial Kalandraka. Nel combínanse cancións e narración oral, co proceso de elaboración do pan de millo como fío condutor. NON É PRECISO RESERVAR. ENTRADA LIBRE E GRATUÍTA ATA COMPLETAR AFORAMENTO.

LUNS 22 ÁS 6 DA TARDE, para rapaces de 10-16 anos. Audiovisual na biblioteca por Electroqueer. Gústache a música?, préstache ler un bo libro?, Eres un apaixonado do cine? Ven a unha Cinemateca Visual Biblio Session!!!!!  Unha sesión de Electroqueer Vj mestura audiovisuais, música electrónica e os diferentes fondos cos que conta a biblioteca relacionados co cine. Prazas limitadas.  SOLICITUDES CUBRINDO ESTE  FORMULARIO. Admisión por orde de solicitude.

NADAL ARTÍSTICO DÍAS 26, 27, 29, 30 e 2 ÁS 12 CON ALEJANDRA BACELAR, para nenos de 4-9 anos. Contos, teatro e danza para animar as mañás de nadal dos nenos a través de diferentes actividades artísticas lúdicas.

Venres 26: contos teatralizados.
Sábado 27: teatro e danza.
Luns 29: contos teatralizados.
Martes 30: teatro e danza.
Venres 2 de xaneiro: contos teatralizados.
Un total de 5 horas de diversión, xogo e educación.

PRAZAS LIMITADAS.

SÁBADO 3 DE XANEIRO ÁS 12, CONTOS CON PABLÍSIMO para os máis cativos da casa.  Pablísimo achéganos o seu particular agasallo de Reis. NON É PRECISO RESERVAR. ENTRADA LIBRE E GRATUÍTA ATA COMPLETAR AFORAMENTO

SÁBADO 10 DE XANEIRO ÁS 12, LIBROS ENCANTADOS por MAGÍN BLANCO para nenos de 3-10 anos. Remataremos a semana de Reis cunha narración musical: Cantar e contar con Magín Blanco as historias das viaxes de A nena e o grilo, da locomotova María Fumaça, da Rosalía pequeniña... e quen sabe se algunha outra sorpresa que nos traerá este músico.