Portal de tu Ciudad Alta

28/02/2015

Escolma de Poesía Salvaxe

📍 Casa das Crechas

Ás 20:00h
Este sábado día 28 a Casa das Crechas acolle a presentación de ‘Escolma salvaxe’, unha antoloxía que recolle 6 anos da Semana de Poesía Salvaxe de Ferrol.  Unha selección de poemas de 44 autores e autoras que será presentado polo seu argallante máximo, o tamén escritor Marcos Lorenzo.

A presentación incluirá un recital poético a cargo de varios dos poetas incluídos no libro, como Leo Arremecaghona, Estevo Creus, Xiana Arias, Karlotti e Guillermo Ferrández.

O volume véndese a 15 euros para poder asumir o custe da propia edición e para recadar fondos para organizar a seguinte Semana, unha vez máis sen axuda pública ningunha. É un traballo autoeditado baixo a dirección de Karlotti e Guillermo Ferrández, con portada de Pepe Pose, no que participan ao longo de 400 páxinas máis de 40 poetas.
casadascrechas.comunicacion@gmail.com