Portal de tu Ciudad Alta

01/03/2015 – 31/03/2015

Concertos na Casa das Crechas

📍 Casa das Crechas

PROGRAMACIÓN CASA DAS CRECHAS

Domingo 1, 8, 15, 22 e 29  20h 3€
JAZZ CON SUMRRÁ

Volven os concertos dominicais de Sumrrá, o grupo de jazz galego máis lonxevo e internacional. Este trío, que vén de gañar os Premios Galegos da Música 2014 ao mellor grupo de jazz, está formado polo pianista Manuel Gutiérrez, o contrabaixista Xacobe Martínez Antelo e o batería L.A.R. Legido.

Mércores 4 23h 1€
FOLIADA COA BANDA DAS CRECHAS


Xoves 5 22.30h 8€
LARA BELLO

Nomeada Mellor Artista Española de World Music en 2010 polas Listas Europeas de Músicas do Mundo (WMCE) polo seu disco debut ‘Niña pez’ (2009), esta granadina mestura a música andaluza con toques de ‘world music’.

Venres 6 21h 3€
“No lugar do lugar”, de ESTEVO CREUS E PABLO SEOANE

Espectáculo-acción de improvisación músico-poética en formato de site specific. Nel conxúgase a palabra, a música e o corpo como elementos en constante diálogo co entorno físico onde se desenvolve, configurándose en evento unitario e único na súa realización. Nunca repetible.

Sábado 7 20h *entradas esgotadas
FESTIVAL PRIMOS HERMANOS

Desconcierto Cultural organiza este festival que trae a varios locais de Compostela as bandas máis novidosas da escena asturiana. Nas Crechas estarán Xel Pereda (Lucas 15) e La Villana (proxecto actual da cantante de Nosoträsh).
http://www.primoshermanos.com/

Martes 10 22.30h 5€
CRIATURAS DEL AIRE

Trío de mulleres, un formato pouco habitual no mundo da música, no que se unen a creación e a interpretación. As súas influencias musicais evocan melodías próximas ao flamenco, o jazz latino, o pop e a música de autora.

Mércores 11 23h 1€
FOLIADA COA BANDA DAS CRECHAS


Xoves 12 21.30h
Cata de Libros e Viños Galegos
Entrada libre hasta completar aforo

Sábado 14 20h 5€
THAÏS MORELL

Cun carisma radiante e unha voz fascinante, a cantautora e multiinstrumentista brasileira Thaïs Morell lanza o seu primeiro disco, ‘Cancioneira’, e presenta un universo de sons brasileiros con toques de jazz e folclore, deixando lonxe os clichés. Cun directo impresionante, á vez intenso e delicado, mestura a bossa-nova cunha diversidade doutras músicas, conquistando os máis variados públicos. Nesta ocasión estará acompañada do polifacético percusionista brasileiro Paulo Silva.

Luns 16 20h
DIÁLOGOS EN VIVO con Vitor Belho 

Entrada libre ata completar aforo

Martes 17 22h
Festa de San Patricio


Mércores 18 23h 1€
FOLIADA COA BANDA DAS CRECHAS


Xoves 19 22.30h 5€
FRED MARTINS & PEDRO PASCUAL
Fred Martins e Pedro Pascual (Talabarte, Marful) intreprentan cancións propias e populares que teñen relación coa tradición da música ibérica e do Brasil. Fred Martins é un brasileiro que ofrece un repertorio variado e moi relacionado coa tradición musical do seu país, dialogando co samba e a bossa nova, e tamén mesturando elementos do rock e doutros estilos musicais. 

Sábado 21 20h 6€
ALMA AFROBEAT ENSEMBLE

Alma Afrobeat Ensemble é un grupo internacional afincado en Barcelona. Resístense a ser un mero revival, e parten do afrobeat para levalo a un terreo que coquetea co Jazz, Rap, Funk, e outros estilos africanos como o Soukous ou M'Balax. Os seus concertos son unha festa continua de enerxía, baile e cambio social.

Mércores 11 23h 1€
FOLIADA COA BANDA DAS CRECHAS

Martes 31 22.30h 5€
LUIZINHO LÓPEZ

Espectáculo de presentación do novo álbum do compositor, cantante e guitarrista Luizinho Lopes, o cuarto da súa carreira, presentando ao público galego cancións onde as letras soan como máscaras de osíxeno no ambiente de aridez da actual música popular brasileira. Estará acompañado polo percusionista Bré Rosario

DJ sesion Crechas
Venres e sábados