30/04/2015
Festival Lapso Musical Experience 2015
📍 Praza da Quintana (Santiago)
🎟️ Dende 25 euros
A Praza da Quintana de Santiago de Compostela acollerá o xoves 30 de abril a nova cita de referencia no panorama español da música en directo. O LAPSO 2015 Musical Experience nace este ano en Galicia, e conta na súa programación cunha das bandas internacionais do momento: The National. A formación de Cincinatti encabeza un cartel que se enmarca no ciclo Compostela Rock e que promete unha xornada de gozo, cos mellores concertos e sesión de DJ.
Ademais de The National, sobre o escenario pasarán outras bandas de calidade, como os portugueses The Gift e os galegos Best Boy. As entradas pódense adquirir no Teatro Principal de Santiago (martes a sábado de 18:00 a 21:00 horas), na Reixa Tenda, en ticketea.com, entradas.abanca.com e ataquilla.com. As primeiras 500 que se vendan en ticketea.com contan cunha promoción especial, pola que custarán 25 euros máis gastos. A partir de esa cifra e no resto de canles o prezo será a partir de 28 euros máis gastos.