Portal de tu Ciudad Alta

18/03/2015 – 19/03/2015

Paula Carballeira no III Festival Atlántica

📍 Dado Dadá

III Festival Atlántica:

O mércores 18 teremos unha nova función gratuíta, desta volta no CSC de Fontiñas ás 18:00 h, a cargo de Magda Labarga e Patricia MacGill.
E  ás 21:30 h, , novamente no Dado Dadá, contaremos coa presenza, entre outros, de: Paula Carballeira, José Campanari, Ana Carreira, Avelino González,  e Charo Pita, que nos amenizarán a velada coa “Noite do Espectador”, adicada especialmente aos amantes do cine.

E xoves 19 faremos a clausura do Festival con 3 espectáculos ben diferentes:

- Primeiramente, ás 18:00 h, no Museo do Pobo Galego, Antonio Reigosa, Avelino González, Pavís Pavós, Ángeles Goas, Charo Pita e Rafa Quintiá, homenaxearán coas súas contadas a Galicia Encantada , no seu 10ª aniversario.

- Máis tarde, ás 20:00, será Magda Labarga quen nos achegue, na Zona C, o seu espectáculo “Falar con estraños”.

- E, para rematarmos esta xornada tan especial, gozaremos cos “Jogos da vida”, de Ana Lage, e  atracaremos este III Atlántica ata o ano que ven cun inesquecible peche de Festival na Nave de Vidán, no que mesturaremos contos e cantos, e danzas e risas a esgalla, das 22:00 h en diante .

* Lembramos que no CEIP de Pedrouzos (Brión)  os rapaces seguen  navegando  polo Atlántica cos narradores do Festival: o mércores con Magda Labarga, e o xoves coa contadora portuguesa  Ana Lage;  iniciativa  que está a espertar moito interese entre o colectivo de pais e educadores doutros centros, e que repetiremos, con toda seguridade, en vindeiras edicións.

http://festivalatlantica.com/