04/06/2015
'O principio de Arquímedes'
📍 Teatro Principal
A obra de Teatro do Atlántico ‘O principio de Arquímedes’ que tivera que ser posposta por motivos de saúde do elenco, poderá verse finalmente o xoves 4 de xuño no Teatro Principal. As persoas que tivesen xa as súas entradas adquiridas para o venres 27 de febreiro, non teñen que facer nada xa que esa entrada será válida para a nova data; os que a adquirirán para o 28 de febreiro teñen que pasar polo despacho de billetes canxeala pola nova entrada que lle será reasignada na mesma butaca ou, de non ser iso posible, na máis próxima. Os que polo cambio de data non queiran asistir á función poderán devolver a entrada.
‘O principio de Arquímedes’
Os pais duns alumnos de clases de natación infantil, preséntanlle queixas á directora do centro sobre o inadecuado comportamento dun monitor que abrazou e bicou a un cativo coa intención de tranquilizalo do susto provocado por ter que prescindir do “salvavidas”… O conflito non deixa de medrar… Sobre a figura dun adestrador de natación con alumnos infantís, recae a sospeita, manifestada polos pais dos rapaces, de que puidera tratarse dun pederasta. A sospeita –provocada por un feito con tantos argumentos para que sexa fundada como para que sexa absolutamente infundada -, medra pouco a pouco e alimenta o medo, esa sombra negra que, polo que parece, xa se converteu en presenza inevitable na nosa sociedade.