21/03/2015
Alma Afrobeat Ensemble
📍 Casa das Crechas
🎟️ 6 euros
A Casa das Crechas acolle este sábado un concerto de Alma Afrobeat Ensemble, un grupo internacional fundado en Chicago polo guitarrista Aaron Feder e agora afincado en Barcelona. Parten do afrobeat para levalo a un terreo que coquetea co Jazz, Rap, Funk, e outros estilos africanos como o Soukous ou M'Balax. Os seus concertos son unha festa continua de enerxía, baile e cambio social.