Portal de tu Ciudad Alta

28/05/2015

Marcus Bonfanti

🎟️ Entre 12 e 15 euros

Marcus Bonfanti dará o seu único concerto en España. Será o día, 28 de maio ás 21.30h na Sala Capitol, e con entradas ao mesmo prezo: 12 euros anticipada e 15€ o día do concerto.

Marcus Bonfanti
Este novo guitarrista do norte de Londres foi definido pola prensa británica como unha mestura perfecta entre Seasick Stevie e Jimmy Page. Guitarrista versátil, que domina o country, o folk e o blues, Marcus Bonfanti foi cualificado como “o próximo heroe da guitarra británica” (The Guardian).

O seu estilo predominante é o do blues poderoso cheo de riffs e o emprego do seu característico slide cun gran traballo vocal e o determinado xeito de atacar a harmónica. Os seus álbums (Hard times, What good am I am to you? e o máis recente, gravado ao vivo, Shake the walls) mereceron o apoio da crítica. Coa súa gran potencia escénica, Marcus Bonfati é un dos nomes con maiúsculas da nova escena do blues rock británico e dará moito que falar nos próximos anos…