Portal de tu Ciudad Alta

04/03/2010

Festa Galician Bizarre

📍 Sala Capitol Rúa Concepción Arenal, 5

🎟️ 5€

Horario: 21:00

The + Anenome + Telephones Rouges

The, Anenome e Telephones Rouges participan nun novo concerto-festa deste movemento musical galego nacido en 2007 coa intención de explorar novas vías de expresión musical, máis alá das xa impostas no panorama alternativo.

A actitude punk, o gusto polo subterráneo e a defensa de creación musical independente dende o rural caracterizan a estas bandas. Percorren estilos dende o garage-punk ata o shoegaze ou o noise-rock. Nesta festa actuarán tres grupos que fan do ruido un elemento esencial para construir cancións contundentes con ritmos psicodélicos, escuros ou mecánicos.