Portal de tu Ciudad Alta

06/03/2010

Ruxe-Ruxe ao vivo

📍 Sala Capitol Rúa Concepción Arenal, 5

🎟️ 10 euros (con cd de regalo)

Horario: 21:30

A Sala Capitol acolle un novo concerto de Ruxe-Ruxe, unha das bandas de rock máis consolidadas do país, que presenta o seu disco Na fura de diante. Nesta ocasión estarán precedidos no escenario por Medomedá.

Ruxe-Ruxe formouse no ano 1996 na aldea de Aríns en Santiago de Compostela. A súa música é unha mestura de rock & roll e música tradicional galega, combinadas cunha actitude descaradamente punk da que ninguén queda indiferente.
As súas cancións falan do cotián, da realidade que rodea á banda, o que lle trasfire o contido social que tan ben mesturan coa festa, a poesía, o conto e a retranca galega.