Portal de tu Ciudad Alta

10/03/2010 – 11/03/2010

Artello Teatro Alla Scala 1:5 ofrece 'Polgariño'

📍 Auditorio de Galicia Avda. do Burgo das Nacións, s/n.

Horario: 11:00

Na pequena cabana do bosque onde vive unha familia de leñadores avecíñanse dificultades: unha enfermidade impídelle ao pai ir traballar. Os pais queren manter os seus cinco fillos alleos a esta situación, mais Polgariño, o máis pequeno, é observador e advirte as desgrazas que ameazan os seus.

Autores: Rosa Hurtado, Santiago Montenegro
Dirección: Manuel Pombal
Escenografía: Suso Montero, Artello Teatro Alla Scala 1:5
Iluminación: Luís Lago, Santiago Montenegro
Vestiario: Suso Montero, Artello Teatro Alla Scala 1:5
Composición musical: Ramón Souto
Saxofón: Julio Álvarez
Elenco: Rosa Hurtado, Santiago Montenegro

Malia ser cativo en tamaño, Polgariño non o é de vontade. Por iso é quen de convencer os seus irmáns de que, indo todos xuntos e empregando a intelixencia, poderán axudar aos seus pais, aínda que para iso teñan que meterse sos no bosque e facerlles fronte aos perigos que entraña.

A compañía Artello foi fundada en Vigo en 1978. Desde ese ano realizou un total de 17 espectáculos, mantendo como base do seu traballo a creación colectiva. Ademais, en 1994, baixo a dirección de Rosa Hurtado e Santiago Montenegro, inicia unha liña de investigación na mestura de obxectos, actores, sombras, etc. nas súas propostas. Froito desta liña de traballo son os espectáculos A do libro (1995), Unha de amor (1999), Amadís de Algures (2002), De fábula (2005), que veñen participando nos festivais, feiras, redes e programacións máis importantes do sector. Os dous primeiros recibiron o Premio á Mellor Posta en Escena en FETEM (Xixón) e á Mellor Estética no Festival Internacional de Albaida (Valencia) respectivamente.

Ademais de Polgariño, na actualidade a compañía mantén en cartel Unha de amor, Amadís de Algures e De fábula.