10/03/2010
'Pouco a pouco' no Cineclube Compostela
📍 Cineclube de Compostela Rúa Santa Clara, 21
🎟️ GRATUITO
Horario: 21:30
No seu ciclo sobre etnoloxía invertida, o Cineclube Compostela aborda este tema con este filme do francés Jean Rouch, no que trata as exóticas formas de vivir de Francia e dos parisinos.
Petit à petit, Francia, 1971
Duración: 96'
Dirección e guión: Jean Rouch
Intérpretes: Moustapha Alassane, Ariane Bruneton, Michel Delahaye, Lam Dia, Safi Faye, Philippe Luzuy, Damouré Zika
Damouré, un empresario de Níxer, decide viaxar a París para ver como é a vida nos pisos, xa que quere construír un edificio na súa vila natal. Na metrópole descubre as exóticas formas de vivir e pensar dos parisinos, que describe en cartas aos seus compañeiros. Estes, ao lelas, convéncense de que toleou completamente.
Con humor, Rouch reflexiona neste filme, que continúa os personaxes de Xaguar, sobre a sociedade occidental, nunha tradición que remonta ás Cartas persas de Montesquieu ou ás descricións dos yahoo de As viaxes de Gulliver.