Portal de tu Ciudad Alta

11/03/2010 – 13/03/2010

'Pressing Catch', de Berrombambán

📍 Sala NASA Cabo Sam Lourenzo 51-53.

🎟️ 9 euros. Reducida (estudantes, parados, xubilados e discapacitados): 7 euros. 8 euros por interrnet. 5 euros para tripulantes

Horario: 21:30
Tamén o 18, 19 e 20 de marzo de 2010.

A compañía de teatro Berrombambán propón nesta ocasión unha obra para público adulto na que se vale do espectáculo do pressing catch para reflexionar sobre a sociedade actual.

Autoría: Paula Carballeira
Dirección: Quico Cadaval
Escenografía: Pablo 'Pastor'
Iluminación: Fidel Vázquez
Vestiario: Clotilde Vaello
Elenco: Hugo Torres, Paula Carballeira, Chiqui Pereira, Anabell Gago

Vivimos na era do medo. Temos medo practicamente de todo; e o medo, ademais de limitar a nosa liberdade, núblanos o entendemento e fainos manipulables, bonecos nas mans das novas tecnoloxías, dos medios de comunicación, do poder. Non deixa de ser curioso que uns dos programas máis vistos nos últimos dez anos en diferentes televisións do planeta sexan os adicados á loita.

Berrobambán pretende facer teatro do espectáculo do "pressing catch", tomando algunhas das súas convencións: os epítetos dos loitadores, a acrobacia, a música que os acompaña, pero introducindo variantes coma o coidado dos diálogos, a presenza feminina, e, sobre todo, a descontextualización da loita.

Aínda que nas últimas montaxes de Berrobambán había unha especial atención ao público familiar a compañía aposta agora por un espectáculo para xente moza e adulta no que se reflexiona sobre determinadas circunstancias sociais que estamos a vivir.