17/05/2015
Manifestación do 17M de Queremos Galego
📍 A Coruña
Galego, garantía de futuro é o lema escollido por Queremos Galego para as manifestacións en defensa da lingua galega que se desenvolverán o 17 de maio ás 12 do mediodía na Coruña, Ferrol, Foz, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela e Vigo, así como noutras vilas aínda por confirmar.
O voceiro da plataforma cidadá, Marcos Maceira, explicou que a escolla desa lenda débese a que “a existencia e a normalidade da lingua galega é a garantía da existencia e do futuro do pobo galego”, lembrando que ningún pobo pode aspirar ao progreso e ao avance social de costas á súa lingua.