Portal de tu Ciudad Alta

10/05/2015

Ciclo de Teatro: El enuco

📍 Auditorio de Galicia

🎟️ 24 euros

- Será ás 20.00h no Auditorio de Galicia dentro do ciclo Teatro 2015

- As entradas, a 24 euros, poden mercarse no despacho de billetes do Teatro Principal, no 902 434 443, en entradas.abanca.com ou o propio día no Auditorio de Galicia desde as 18.00h

- A obra estreouse con grande éxito na 60 edición do Festival Internacional de Teatro Clásico de Mérida (2014) onde conseguiu o premio CERES do Público ao mellor espectáculo. Ademais, tamén levou o premio Ceres da Xuventude a María Ordóñez e o Premio do Público ao mellor espectáculo no Festival de Teatro, Música e Danza de San Javier 2014.

- Protagonizada por nove actores e actrices coñecidos e recoñecidos: Pepón Nieto, Anabel Alonso, Alejo Sauras, Jorge Calvo, Antonio Pagudo, Marta Fernández-Muro, María Ordóñez, Jordi Vidal e Eduardo Mayo, conta con coreografía de Chevy Muraday e composición musical de Asier Etxeandia e Tao Gutiérrez. Un equipo técnico e artístico de gran calidade que conforman unha obra que está tendo enorme éxito.