07/05/2015 – 11/06/2015
Enocións by Ribeiro
📍 Cidade da Cultura
🎟️ 12 euros
Este xoves 7 de maio comeza, co concerto de Guadi Galego, Enocións by Ribeiro na Cidade da Cultura, un programa de actividades que quere reflictir as emocións que afloran no Camiño de Santiago, uníndoas aos viños da D.O. Ribeiro, legado do Císter.
Os asistentes poderán gozar coa música de Guadi Galego e as mellores imaxes de Xurxo Lobato sobre a Denominación de Orixe máis antiga de Galicia, e o Camiño de Santiago, asistindo a unha cata comentada de viños singulares da D.O. Ribeiro e visitar á exposición Camiño. A Orixe.
A visita á exposición incluída na acción comezará ás 19:00 horas do serán e a cata e máis o concerto ás 20:00 horas. O prezo é de 12 euros, aínda que é posible comprar un bono para o conxunto das Enocións by Ribeiro a 30 euros. As entradas están á venda en www.ataquilla.com; en A Reixa Tenda, de Compostela; na sede do C.R.D.O. Ribeiro, en Ribadavia; e máis no propio Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura. Toda a información da cita está no portal web www.movimientoribeiro.com
As outras dúas sesións de Enocións by Ribeiro chegarán o 11 de xuño cunha maridaxe entre a gastronomía de Pepe Solla con acompañamento musical de DJ Analïs, e novos viños da D.O. Ribeiro, que conflúen coa forza da natureza, e o 10 de setembro, co humor de Carlos Blanco. Serán tres ocasións con distintas expresións artísticas nas que coñeceren algo máis do Ribeiro e gozar coa visita guiada á exposición Camiño. A Orixe.